Friday 03 de May de 2024

Ordes acollerá este sábado o XX Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala



Terá lugar durante toda a xornada nos pavillóns Castealo 1 e 2. En total participarán 10 equipos da provincia

O próximo sábado, 27 de maio, terá lugar nos pavillóns Castelao 1 e 2 o XX Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala 2017. Organizado polo Concello de Ordes en total teñen confirmada a súa participación dez equipos representantes dos concellos de Trazo, Frades, Tordoia, Santa Comba, Touro, Negreira, Arzúa, Vedra, Teo e Ordes. Os encontros sucederanse ao longo de toda a xornada, dando comezo ás 9 horas e estando prevista a gran final para as 19.30 horas.